O goberno local reúnese coa Sociedade de Caza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Hermida na reunión co presidente da Sociedade de Caza

Hermida na reunión co presidente da Sociedade de Caza

O concelleiro de Gandería, Xosé Manuel Hermida, mantivo un encontro esta mañá co presidente da Sociedade de Caza, José Luis Gil. Neste encontro abordaron os problemas que está a ocasionar o xabarín nos cultivos do municipio. O vindeiro sábado, día 5 de setembro, empezarán as batidas con 5 cuadrillas, co obxectivo de poñer solución a este problema. A Sociedade de Caza tamén lle pedíu á Xunta que se lles permita facer batidas nos cotos, “unha petición á que tamén se suma o concello de Lalín para defender os intereses do noso campo e evitar as perdas que ocasiona o xabarín”. As batidas xa autorizadas prolongaránse ata o mes de febreiro.

2 de setembro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.