O goberno de Vilagarcía convoca aos veciños da contorna de Fexdega para informalos sobre a reordenación do tráfico na zona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O goberno local de Vilagarcía convocou aos veciños do contorna de Fexdega a unha xuntanza informativa na que se lles explicará a reordenación de tráfico que se levará a cabo na zona como consecuencia da apertura dunha nova vía para dar acceso aos aparcamentos do recinto. A reunión celebrarase o martes pola tarde no pavillón multiusos e asistirán a concelleira de Urbanismo, Paola María Mochales e o edil de Tráfico, Juan Antonio Pérez Callón.

A proposta de reordenación que tiña previsto levar a cabo o anterior goberno non era do agrado de numerosos veciños que fixeron chegar ao novo executivo socialista diversas queixas. O equipo de Alberto Varela tampouco consideraba oportunas algunhas das medidas previstas, como a construción dunha glorieta en Rodrigo de Mendoza, a poucos metros da que se atopa na confluencia con Doutor Tourón e Agustín Romero.

Por estas dúas razóns, a edil de Urbanismo e o concelleiro de Tráfico, asesorados polo Arquitecto Municipal e a Xefa da Policía, fixeron unha visita para comprobar sobre o terreo as alternativas existentes que, tras realizar as oportunas medicións, se están a plasmar nos planos que se lles amosarán aos veciños o martes.

A reunión do martes é un exemplo máis da xestión que pretende levar a cabo o goberno socialista baseada en escoltar aos cidadáns e mantelos conveniente informados sobre os asuntos que lles afectan directamente.

5 de setembro de 2015 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.