O goberno de Lalín mostra o seu apoio á tractorada para un prezo xusto do leite

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
O alcalde de Lalín despedindo aos gandeiros que partían á tractorada

O alcalde de Lalín despedindo aos gandeiros que partían á tractorada

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o tenente de alcalde, Nicolás González Casares, asistiron este mediodía á saída cara Santiago dos gandeiros da comarca que dende hoxe van participar na tractorada para pedir un prezo xusto para o leite. Cuíña e Casares amosaron o seu respaldo aos representantes do sector lácteo nas súas reivindicacións e ofreceron unha vez máis todo o apoio do Concello de Lalín ás súas demandas. O Goberno municipal considera que o sector lácteo é un sector fundamental, dende o punto de vista económico e social, para unha comarca que medrou grazas ao peso e ao empuxe da actividade agro-gandeira.

7 de setembro de 2015 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.