O goberno de Cuíña felicita á asociación cultural O Naranxo polo éxito da Algarabía
O Goberno municipal quixo felicitar hoxe aos membros da asociación cultural O Naranxo polo éxito da nova edición da Algarabía, que esta fin de semana encheu de animación e humor as rúas do centro de Lalín. O Concello considera que as actividades enmarcadas nesta iniciativa forman xa parte “da fonda tradición cultural e social da nosa vila, unha tradición de marcado carácter independente, positivo e construtivo e coa que o Goberno municipal se sente plenamente identificado”.
Neste sentido, o alcalde de Lalín considera que a labor desenvolvida polo Naranxo estes últimos anos é exemplar e deixa claro que a cultura pode partir da creatividade e da independencia das mozas e dos mozos”. Partindo desta premisa, o rexedor sostén que “as institucións debemos estar para apoiar este tipo de iniciativas nas que -lembra- eu mesmo teño participado dende que era un rapaz”.
O Concello de Lalín amosa a súa disposición a colaborar en todo o que poida nas vindeiras edicións da Algarabía, sempre que con esta colaboración non se vexa alterado o espírito independente, crítico e irónico que é, precisamente, o seu principal sinal de identidade.











