publicidade hoxe

O goberno de Arzúa investirá 248.000 euros na acometida de importantes actuacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O goberno municipal de Alternativa por Arzúa ten previsto adxudicarnestes días diversas actuacións que permitirán levar a cabo as obras necesarias para o acondicionamento de diferentes viaisna zona rural e traballos de mellora  conducentes álimpeza das canalizacións no abastecemento de auga potable.

Preto de 250.000 euros serán os que o goberno que preside o alcalde, José Luis García, se destinen a atender peticiónsveciñais que estaban pendentes e que supoñenunhaverdadeiranecesidade para desfrutar dunhamellorcalidade de vida.

Esta mañá explicaba o alcalde as actuacións que se executarán nos vindeiros días e que, con toda probabilidade, estarán finalizadas antes de que remate este ano. Trátase do acondicionamento do camiño que vaidende O Viso a Casaldoeiro; tamén da pista que transcorre por detrás da cooperativa así como outro vial no lugar de Boente de Arriba.  Arranxarase un camiño en Vilantime, outro en Seixas e tamén o vial que transcorre entre o lugar de Rourís e Sesar, na parroquia de Burres. Acondicionarase o interior de Rourís e o camiño que transcorredende a estrada de Bosendeao lugar de Paxe.

No núcleo urbano faraserealidade un proxecto de humanización da Rúa do Norte e instalaranse bocas de rego nas partes finais da rede de abastecemento de auga.

A realización de todas estas importantes actuacións é posible grazas á boa xestión económica do goberno municipal que souboadministrar ben os recursos e seleccionar as actuacións prioritarias.

José Luis García, o alcalde, explicaba esta mañá que “a maioríadestasactuacións serán adxudicadasnestes días e comezarán a executarse á maiorbrevidade tratando de aproveitar o bo tempo e coa intención de que estean á disposición dos nososveciños e veciñas á maiorbrevidade”.

9 de setembro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.