O goberno da Deputación pretende liderar un programa de actividades para a divulgación do labor das Irmandades da Fala polo seu centenario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Ovoceiro do Goberno da Deputación de Lugo, Carlos Armesto, adiantou esta mañá amoción que o Grupo Popular presenta para o seu debate no pleno do próximomartes e a través da que os populares propoñen que dende a administraciónprovincial se estableza un programa de actividades propio en “homenaxe erecoñecemento ás Irmandades da Fala”, co gallo do centenario da súa fundación.

O voceiro dos populares defende anecesidade de que a Deputación de Lugo lidere esta iniciativa dada aimportancia e peso que a provincia tivo dentro das Irmandades da Fala conagrupacións locais en Monforte de Lemos, Vilalba, Mondoñedo e Lugo. Amais,moitos dos seus membros máis salientables eran lucenses. Entre estes nomes,destacan, segundo citou Armesto, Antón Vilar Ponte (Viveiro); Ramón Vilar Ponte(Viveiro); Antonio Noriega Varela (Mondoñedo) e Luís Porteiro Garea (Lugo).

O deputado provincial e voceirodos populares no Goberno agarda que no próximo pleno se logre a unión de todasas forzas políticas na defensa desta proposta e, deste xeito, se acade unacordo unánime para que a Deputación de Lugo estableza o programa deactividades conducentes a divulgar en toda a sociedade lucense o coñecemento do“encomiable labor desta organización”.

Armesto expuxo que As Irmandadesda Fala “son merecedoras do respecto e do recoñecemento de todos os lucensespola súa contribución impagable á defensa, exaltación e fomento da lingua e dacultura galegas”, polo que, e tendo en conta o espírito inclusivo e plural dasIrmandades da Fala, “unha das mellores homenaxes que se lle pode facer é o daunión de todas as forzas políticas na defensa da lingua e no impulso ao seurecoñecemento”.

A moción presentada polospopulares tamén solicita instar á Xunta de Galicia a que o vindeiro ano 2016sexa declarado oficialmente como Ano das Irmandades da Fala, en coherencia coacordo unánime do conxunto das forzas políticas aprobado no Parlamento galego,“e que asumimos como propio”, explica Armesto.

23 de setembro de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.