O GAC da Ría de Pontevedra celebra unha reunión na praza de abastos de Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Este mércores, 30 de setembro, ás 20 horas, a Praza de Abastos de Bueu acolle a reunión do GAC Ría de Pontevedra, do que o noso concello forma parte. En vista disto, o GAC deseñará a súa estratexia de desenvolvemento en torno aos recursos da ría de Pontevedra para os próximos seis anos.

Por este motivo, a Concellería de Turismo e Promoción Económica convida á participación de todos os axentes do territorio interesados en facer achegas á reunión: asociacións de empresarios, de veciños, vencellados á cultura mariñeira, deportivas, culturais e turísticas, e a todas as entidades do sector pesqueiro do territorio.

A reunión informativa será sobre “A elaboración da estratexia do GAC 6 no período 2014-2020” e nela farase unha presentación da candidatura inicial, unha presentación da proposta de elaboración da estratexia e un obradoiro de elaboración do mapa de recursos e recollida de proxectos. A hora de finalización da reunión será en torno ás 21.30 horas.

29 de setembro de 2015 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.