O fútbol sala regresa a Sar despois de 154 días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

154 días pasaron xa dende aquel 17 de Abril no que Santiago Futsal despediuse da súa afección na tempada 14/15 ante Peñíscola FS cunha vitoria 7-2, pechando así unha gran tempada na que acadou a salvación, obxectivo primordial do equipo, con seis xornadas de antelación; obtivo a 10ª praza da clasificación, e mesmo quedou ás portas da Copa do Rei por 3 puntos de diferenza co oitavo clasificado.

Agora comeza unha nova tempada que se presenta moi ilusionante para os de Santi Valladares, cuxos obxectivos son moito máis ambiciosos que os de outrora e que fixan o seu listón na clasificación para a Copa do Rei e o Play Off.

Despois deses longos 5 meses de espera, este sábado volverá a maxia do fútbol sala ao Multiusos Fontes do Sar. A presentación do Santiago Futsal ante a súa afección verase en polas cámaras de Teledeporte (13h), que retransmitirá en directo o partido a 28 países máis, grazas ao acordo da LNFS con BeIn Sports e Esporte Interactivo, que permitirán que o encontro da xornada véxase en países como Brasil, Kuwait, Exipto ou Marrocos.

Para o encontro do sábado, cada abonado maior de 18 anos poderá acceder cun acompañante non socio de forma gratuita. As entradas para o encontro están á venda nas oficinas do clube e tamén na taquilla do Multiusos o sábado dende ás 12h, cun prezo de: 10€ Adulto, 5€ menores de 13-17 anos, 2€ menores de 13 anos.

Tódolos abonados que aínda non renovaran o seu carnet, así como os novos abonados que queiran darse de alta, poden facelo esta semana nas oficinas do Santiago Futsal en horario de 10h a 14h e de 16.30h a 19h. 

Comeza a competición para os equipos de Liga Autonómica

Se esta semana comezaban os adestramentos de área de iniciación do Santiago Futsal,  este fin de semana xa comeza a competición oficial para os equipos de Ligas Autonómicas. De este xeito, os equipos Cadete e Infantil A do Santiago Futsal serán os primeiros en estrearse nas súas respectivas competicións este sábado en Vigo, partidos nos que se medirán ao Pecheces FS ás 19h e 20.30h, respectivamente.

Pola súa parte, o equipo da sección feminina Santiago Futsal A Gaiola A, xogará un amistoso o domingo frente a Fútbol Club Meigas no Pavillón de Bertamiráns ás 18h.

17 de setembro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.