O ferido no Rallye da Coruña que segue ingresado evoluciona de forma favorable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O único ferido no Rallye da Coruña que permanece ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) mantén a súa evolución favorable, segundo informaron fontes hospitalarias. Trátase dun adulto ingresado en planta no hospital coruñés e o único dos feridos que continúa ingresado tras o accidente de rallye, ao seu paso polo termo municipal de Carral, que custou a vida a sete persoas e ocasionou máis dunha decena de feridos. A semana pasada foi dado de alta un menor, que permanecía ingresado no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera dende o día do accidente.

28 de setembro de 2015 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.