publicidade hoxe

O Encontro de Torneiros converte Xermade nun espazo de formación e exhibición de referencia do sector artesán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXermade
A-
A+

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, participou esta tarde na inauguración do Encontro de Torneiros de Xermade, que converte ata o domingo esta localidade lucense nun espazo de formación e exhibición de referencia do sector artesán galego. A iniciativa, organizada polo Concello de Xermade e que coa colaboración da Consellería de Economía e Industria permite poñer en valor o oficio do torneado en madeira, permite poñer en valor o oficio do torneado de madeira.

Esta edición acollerá cursos especializados a cargo de profesionais de prestixio internacional, como o francés Christian Delhon ou o portugués Idalio Dias da Costa, así como os galegos Manuel Castro, José García Otero e Julio Guntín.

O programa de actividades do encontro, que se celebra no polideportivo municipal e na biblioteca pública, complétase con distintas conferencias, demostracións e a exposición itinerante de madeira torneada CONtornos.

Ademais, durante os catro días, os visitantes poderán ver unha mostra de pezas torneadas achegadas polos participantes. Tamén haberá exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións. Están programadas así mesmo diferentes demostracións por parte dos participantes e os docentes.

17 de setembro de 2015 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.