O detido en Vigo pola morte da súa parella pasará este mércores a disposición xudicial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O home de 31 anos detido na noite do domingo tras entregarse na Comisaría da Policía Nacional de Vigo pola morte da súa parella sentimental pasará previsiblemente na mañá deste mércores a disposición xudicial. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) está previsto que pase a partir das 9,00 horas a disposición do Xulgado de violencia sobre a muller ao tratarse dun suposto caso de violencia de xénero.

O arrestado permanece en dependencias policiais da Comisaría de Vigo á espera de prestar declaración este mércores no xulgado correspondente.

A vítima é unha muller de 46 anos natural de Brasil que morreu supostamente por golpes propinados polo que era a súa parella sentimental. O Tribunal Superior Xustiza de Galicia confirmou que non había denuncias previas.

Os feitos ocorreron sobre as 20,00 horas do domingo, cando un home se personou en comisaría para entregarse pola morte dunha muller. Ao mesmo tempo, familiares da falecida puxéronse en contacto cos servizos de emerxencia, que foron quen atoparon o seu corpo.

8 de setembro de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.