O coordinador de IU en Lugo considera correcta a candidatura de Garzón para Ahora en común

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O coordinador provincial de Esquerda Unida en Lugo, Carlos Portomeñe, cualificou de “correcta” a decisión do candidato do partido ás eleccións xerais, Alberto Garzón, de presentarse ás primarias para confluír na plataforma Ahora en común. “Toda a organización está envorcada no proceso de unidade popular e confluencia; se non se constrúe unha maioría virán coa apisoadora para facer unha reforma constitucional para dar rango normativo a todos as políticas lesivas dos últimos anos, como as reformas laborais,”, alertou.

Por iso, o dirixente provincial de IU e concelleiro por Alternativa Cidadá dous Veciños instou a iniciar un proceso constituínte para dar unha “saída social” á crise cun “programa claro de transformación”.

14 de setembro de 2015 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.