O Consello Escolar de Ordes insta á Xunta a atender a demanda de profesores para o CEIP Mesón do Vento e o IES Maruxa Mallo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Consello escolar de Ordes

Consello escolar de Ordes

O Consello Escolar Municipal de Ordes acordou nas últimas horas ratificar o acordo asinado polos concelleiros municipais da área de Educación. Nel se lle esixe á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univesitaria “a que cumpra a lei e por conseguinte respecte o catálogo de postos de traballo correspondente ao CEIP de Mesón do Vento, aprobado por orde do 30 de xullo de 2013 (DOG nº151, do 8 de agosto de 2013), nomeando con carácter urxente o mestre de educación primaria que falta por incorporar”. Unha decisión que evitaría ter que xuntar na mesma aula aos alumnos de quinto e sexto curso “o que vai en detrimento da calidade de ensinanza e en contra das recomendacións dos profesionais da docencia”, tal e como se manifestou onte por parte dun dos representantes do profesorado.

A dita demanda dopotouse na sesión extraordinaria celebrada onte na vila de Ordes. Nela participaron membros da Consellería de Educación, directores dos CEIP e IES do municipio, sindicatos, ANPAS, representantes do alumnado e profesorado, ademais da concelleira de Educación, Susana García e representantes de pais e nais dos centros académicos. Agás o membro da Consellería de Educación que se abstivo, todas e todos eles votaron  a favor do texto. 

Medios para aplicar a LOMCE   

No referente á problemática existente no IES Maruxa Mallo tamén se acordou “instar á Consellería a que se lle manteña un profesor de ciencias dos tres que lle anularon, co fin de poder ter unha ratio acorde coas metodoloxías que o Instituto pretende aplicar e poder ofrecer os Programas de Mellora de Rendemento para poder aplicar as innovacións didácticas que promove a LOMCE e para continuar cos proxectos didácticos nos que está involucrado”. Noutro punto do documento tamén consta a demanda de que “a unidade técnica estude e informe sobre as condicións climáticas, de comodidade dos alumnos no espazo e as laborais dos profesores nas aulas deste centro”. Un escrito que contou co apoio de todos os presentes, agás co do representante da Delegación Territorial de Educación que votou en contra.

Deste xeito o Concello de Ordes continúa tratando de solucionar e acadar unha reposta satisfactoria ás necesidades educativas dos colexios, institutos e centros formativos públicos do municipio. Para isto está en contacto continuo cos membros das ANPAS e do cadro de profesores, apoiándoos nas súas reivindicacións na dotación de medios e docentes. 

15 de setembro de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.