O Consello Consultivo do Deporte designa aos membros no Consello Reitor da Fundación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Consello Consultivo do Deporte renovou a súa directiva na asemblea xeral extraordinaria celebrada onte en Fexdega. Ángel Francisco Vilas Fernández, do Club Xadrez Fontecarmoa, presidirá o equipo de cinco persoas que compoñen a directiva e que tamén serán os que representen ao órgano consultivo no Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes.

Coomo vicepresidente do Consello Consultivo foi elixido José Ramón Santórum Canto, do Clubs de Rugby, Los Ingleses e como secretaria repite Diana García Prieto, do club de esgrima. Os dous vocais que completan a xunta directiva son Edith Marcela Diz Lugo, representante das Anpas do municipio, e Fernando Vicente Davila, do Club de natación Vilagarcía.

As asociacións veciñais e responsables dos departamentos de Educación Física dos centros educativos do municipio tamén forman parte do Consello Consultivo, pero ao non terse presentado candidaturas destes colectivos, non contan con representación na directiva.

11 de setembro de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.