publicidade hoxe

O Concello do Grove pon en marcha un curso práctico de clasificación de cogomelos comestibles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Onte, xoves, quedou aberto o prazo de inscrición para participar no curso que está destinado a mozos de entre 16 e 35 anos e que terá unha duración de 40 horas. As clases comezarán o vindeiro 13 de outubro rematando o 26 dese mesmo mes sendo o horario previsto de 16.30 a 20.30 horas.

Para realizar a inscrición – que é de balde – tan só é preciso descargar da páxina web da Deputación de Pontevedra ou da do Concello do Grove o correspondente formulario, que tamén pode solicitarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil no edificio administrativo. A prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de que quedaran vacantes o curso abriríase tamén a persoas maiores de 35 anos. 

Os contidos do curso divídense en dous bloques: unha parte teórica onde se introducirá ó alumnado no mundo da micoloxía e ás variedades de cogomelos existentes e unha parte práctica, onde os participantes traballarán na conservación, recolección, cultivo, cociña e as propiedades medicinais destes produtos. 

O obxectivo do curso é que os participantes poidan diferenciar os cogomelos e comprenda as particularidades dos mesmos ó tempo que se incide na súa importancia na natureza e a relación beneficiosa entre árbores e prantas. Para ese fin realizaranse rutas onde se explicará in situ as características das especies colleitadas diferenciando entre as comestibles as tóxicas. 

4 de setembro de 2015 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.