O Concello de Vilagarcía remata a posta a punto dos colexios e escolas unitarias para á volta ao cole
O Concello de Vilagarcía realizará mañá a segunda limpeza do tramo do río anta mariña que discorre canalizado baixo o patio dos colexios da Lomba e Arealonga a efectos de previr inundacións na época de choiva. Con esta actuación ponse punto e final ás labores de mantemento anual e posta a punto dos centros educativos que o Concello leva a cabo cada verán aproveitando as vacacións de verán.
Operarios dos servizos de Obras, Parques e Xardíns e Electricidade traballaron dende inicios de xullo á primeira semana de setembro para que profesores e alumnos atopen as instalacións en perfecto estado o primeiro día do curso. As semanas centrais do mes de agosto, suspendéronse estas labores xa que o persoal precisábase para os traballos de montaxe, desmontaxe e operativos especiais relacionados coas festas de San Roque.
Dentro das súas competencias, o Concello levou a cabo tarefas de mantemento nos centros de Primaria e nas Escolas Unitarias, actuación que fixo extensiva ao Centro de Educación Especial. En total traballouse en once colexios e escolas con tarefas que foron dende pintado de paredes interiores e exteriores, ao arranxo e substitución de portas e elementos de carpintería, ó revestimento de paredes e solado de corcho, reparación de peches, arranxo de fontanería e á divisións de aulas con pladur. Tamén se limparon canaletas de recollidas de pluviais, fixéronse e arranxáronse estantes e armarios, habilitáronse algunhaa ramplas de acceso, arranxáronse persianas, repúxose area nos patios e realizáronse podas e tarefas de xardinería. A día de hoxe tan só quedan por realizar dúas actuacións menores consistentes na instalación dun peche no patio infantil do colexio do Piñeiriño e o arranxo do peche do recinto exterior do Vagalume. Ámbalas dúas completaranse nos vindeiros días.
Os traballos realizados en cada centro responden ás demandas que as respectivas direccións remitiron ao Concello a finais do curso pasado. En total realizáronse 75 actuacións.
A maiores destas, no colexio de Carril completouse a substitución da cuberta e dos falsos teitos con cargo a unha axuda de Deputación e con man de obra municipal renovouse a instalación eléctrica dos pavillóns on de se realizaron as obras.
Tamén en vacacións, o Concello acometeu a segunda fase do drenaxe do patio dos colexios da Lomba e Arealonga con fondos propios e construíu a beirarrúa na vía onde estacionan os autobuses escolares.











