O Concello de Vilagarcía programa para o Nadal unha nova limpeza do río Santa Mariña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A segunda limpeza do tramo canalizado do río Santa Mariña ao seu paso baixo os patrios do recinto escolar da Lomba efectuouse esta mañá, unha semana despois de que o Concello levase a cabo unha primeira intervención preventiva de cara ao inicio do curso e á proximidade da temporada de chuvias. Para previr inundacións no barrio ou encharcamento do patio, o Concello ten previsto que este tipo de tarefas se realicen de forma periódica, polo que xa programou a seguinte para finais de decembro, aproveitando as vacacións escolares do Nadal.

Dadas as especiais características do barrio (unha antiga Xunqueira e cun nivel freático moi baixo) e aos problemas que soe provocar a acumulación de áridos e ramas na parte soterrada do leito, o Concello considera necesario realizar un mantemento periódico do río a efectos de garantir que o leito se conserve limpo para que poida absorber o maior caudal posible en época de choivas intensas sen que desborde.

Agradecemento á asociación

Esta era unha antiga demanda da Asociación de Veciños da Xunqueira, coa que o Concello se mantén en contacto e a quen se agradece a súa colaboración á hora de informar puntualmente sobre o estado do río para poder actuar ante calquera eventualidade. De feito, aínda que a seguinte retirada de sedimentos está prevista para as vacacións de Nadal, poderíase actuar antes en caso de ser necesario.

9 de setembro de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.