O Concello de Vilagarcía participa nunhas xornadas sobre o tratamento de lixo na Universidade de Navarra
O concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño, e a técnica de Medioambiente do Concello, Belén García-Malvar, participarán esta semana nunhas xornadas da Universidade Pública de Navarra sobre os distintos sistemas de tratamento de lixo. Tanto a viaxe como a participación nas xonradas están organizados pola Deputación de Pontevedra; na experiencia participarán catro alcaldes, dos tenentes de alcalde e dezasete concelleiros ademais de técnicos de distintos concellos da provincia, que aceptaron a proposta lanzada polo vicepresidente da institución provincial, César Mosquera.
Entre o martes e o venres a expedición pontevedresa coñecerá ata seis plantas existentes en distintos municipios de Navarra e País Vasco, ademais de asistir aos relatorios das xornadas organizadas pola Universidade.
O concelleiro Lino Mouriño xustificou a súa participación lembrando en que mellorar os sistemas de limpeza viaria e recollida de lixo é un dos grandes obxectivos do goberno que dirixe Alberto Varela. Non en vano, dentro de un mes aproximadamente comezará a funcionar unha experiencia de reciclaxe en colaboración con Sogama, ao que se une o feito de que nestes momentos o contrato de recollida de lixo está prorrogado e o Concello debe plantear xa cal é o modelo a seguir nos vindeiros anos, antes de sacar de novo o contrato -un dos máis voluminosos da administración- a concurso.











