O Concello de Vigo e Fundamar colaborarán no enraizamento na cidade da función marítimo pesqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero recibiu este mércores aos representantes desta Fundación, que propuxeron ao alcalde xogar “un papel central” na unión entre Vigo e o desenvolvemento económico industrial do mundo pesca-mar a través de varias iniciativas, entre as que salientou un “importantísimo” proxecto turístico “sobre o que nos poremos mans á obra”.

O alcalde eloxiou á Fundamar como unha fundación que aúna “armadores e mariñeiros, empresarios e traballadores da pesca” que ten unha “ambición moi importante” pola seguridade laboral, que Caballero compartiu, e unha segunda, enraizar na cidade o traballo pesca-mar mediante proxectos de tipo empresarial, pesqueiro, de seguridade laboral, de divulgación, de degustación ou turísticos.

Fundamar, revelou Caballero, propón xogar un “papel central” na unión entre a cidade e o ámbito marítimo pesqueiro e plantexou un proxecto de carácter turístico “de importancia capital, sobre o que nos poremos mans á obra”. O rexedor apuntou que sería unha nova forma de “visualizar” o turismo na cidade, para que os visitantes poidan, por exemplo, coller un barco e degustar mexillóns nunha batea; en definitiva, “vivir o mar, o porto pesqueiro, os barcos de pesca”, concluíu Caballero.

16 de setembro de 2015 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.