O Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega reafirman a súa colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Noriega na reunión coa Asociación de Escritores en Lingua Galega

Noriega na reunión coa Asociación de Escritores en Lingua Galega

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELGA), Cesáreo Sánchez, e coa súa secretaria xeral, Mercedes Queixas. A xuntanza serviu para que AELGA dera a coñecer ao alcalde as súas próximas iniciativas e para afirmar a vontade de colaboración do Concello con esta entidade. Un exemplo desta cooperación é o Obradoiro de Creación Literaria Literatela (Literatura de Compostela), que comeza este sábado no Centro Sociocultural da Trisca e que impartirá Suso de Toro.

23 de setembro de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.