O Concello de Pontevedra pide á Fegamp que o Fondo Galego de Coooperación xestiona a axuda humanitaria
A Concellaría de Benestar Social Municipal, que dirixe Carmen Fouces, acaba de acaba de dirixirse a través de correo electrónico a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que a primeiros de mes trasladou unha carta ao Concello para coñecer as posibilidades de Pontevedra para ofrecer axuda humanitaria aos refuxiados sirios. Dende a Concellaría lémbraselles que é o Fondo Galego de Cooperación a ferramenta idónea para facer ese traballo e que xa incrementou as súas partidas para dar cobertura económica ao traballo no Fondo neste ámbito.
A contestación enviada é a seguinte:
“Este Concello é socio do Fondo Galego de Cooperación e como tal, entendemos que é a ferramenta ca que nos dotamos os concellos galegos para, entre outras cousas, actuar en situacións de emerxencia humanitaria. Botamos en falta a presenza do mesmo na reunión de traballo que segundo a carta remita, tiveron lugar o 11 de setembro.
Como socios do Fondo, habilitamos unha achega especial dos fondos municipais para que no momento en que se inicie a desenvolver o seu papel predominante nesta situación de emerxencia se lle transfira á maior brevidade posible. A achega aprobada é de 25.000 euros.
O Concello de Pontevedra como membro da FEGAMP solicita que se cumpra o convenio asinado no 2014 entre esta e o Fondo Galego de Cooperación onde se acorda no seu segundo punto que “A Fegamp sinala ao Fondo como a axencia de municipalismo galego en materia de cooperación internacional e pormoción en Galicia dos Dereitos Humanos…” e interveña activamente na situación actual de organización municipal para albergar as persoas refuxiadas. Na mesma medida solicita que se cumpran o resto dos puntos do convenio onde se compremete a recomendar aos Concellos a asociarse ao Fondo para consolidarlo como un instrumento ao servizo da acción exterior de Galicia. Cremos que esta é unha boa ocasión para iso. o puntocuarto do citado convenio espresa que… “permita acción coordinada de todo o municipalismo nesta materia e evita a reiteración de dupolicidades gañando en efctividade e incidencias minimizando os gastos de xestión”, cuestión ca que estamos totalmente de acordo.
Polo tanto, o Concello de Pontevedra está á espera das decisións que se tomen para efectuar a achega asignada. Polo momento non recibimos notificación ao respecto aínda que tras varias conversas co Fondo Galego nos informan da posiblidade de que participen activamente nos grupos de traballo da Consellería e clarificar as necesidades económicas para executar as encomendas que se lles asignen.
Por outra banda, o Concello aumentou nun 62% a partida especial de emerxencia humanitaria para colaborar noutros aspectos que se demanden e complementen a acción do Fondo.
O Concello de Pontevedra non dispón de parque de vivendas municipais polo que non pode poñer a disposición ningún inmoble, máis estamos traballando ca REDEAXUDA para coñecer as súas propostas e as posibilidades das que se dispoñen.
De todos os xeitos non sabemos se o plan que se traza desde a Consellería para acoller as persoas refuxiadas está concebido para que ademáis de proporcionar unha vivenda digna e coidados sanitarios, se atenda a inclusión integral das familias con asesoramentos, aprendizaxe do idioma….Neste caso, o grao de colaboración co Concello sería maior, por iso reiteramos que sexa o Fondo Galego de Cooperación quén asuma un papel protagonista e asesore e coordine a elaboración e implementación dun plan a longo prazo”.











