O Concello de Pontevedra avalía o programa Pontenciencia que quere potenciar neste curso
A concelleira de Educación, Carmen Fouces mantén esta tarde un encontro con profesorado do concello para facer unha avaliación do programa Pontenciencia do pasado curso. O obxectivo é coñecer os puntos fortes e febles do programa para potencialo de cara ao presente curso, dado que que a Concellaría xa está a traballar nel. Carmen Fouces explicou que ten por propósito chegar ao maior número de centros escolares posibles. O pasado ano participaron oito centros.











