O Concello de Ourense suscribirá un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para realizar obras de mellora e mantemento na Ponte do Milenio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
O alcalde de Ourense na reunión con Ethel Vázquez

O alcalde de Ourense na reunión con Ethel Vázquez

O Concello de Ourense e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas suscribirán nos próximos días un convenio de colaboración para acometer obras de mellora, mantemento e conservación da Ponte do Milenio.

Así o anunciaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, ao remate da reunión que mantiveron esta mañá en Santiago. O alcalde agradeceu a responsabilidade e compromiso da consellería coa cidade de Ourense, que se veu plasmado con diferentes actuacións, como foi o recente acordo para a posta en valor da Ponte Romana (en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria). No tocante ao acordado hoxe, o entedemento entre ambas administracións se rubricará na sinatura dun convenio para executar obras de mantemento e conservación da Ponte do Milenio durante o ano 2016.

O alcalde de Ourense salientou a importancia destas obras, tendo en conta que están derivadas fundamentalmente da falta de mantemento executado polo Concello nos últimos anos.

Pola súa banda, a titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, recalcou o compromiso da Xunta de Galicia coa conservación dunha infraestrutura viaria básica para a cidade como é a Ponte do Milenio. Tamén salientou a conselleira que a intención do Goberno galego é executar o antes posible estes traballos, que estarán fundamentados nun proxecto que incluirá as obras necesarias para paliar a falta de mantemento na Ponte do Milenio nos últimos anos.

22 de setembro de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.