O Concello de Ourense reforza a programación educativa para escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense reforzará no novo curso escolar a programación de actividades educativas para os escolares da cidade. A concelleira Belén Iglesias e técnicas desta área municipal presentaron esta mañá a nova programación, formada por 18 programas educativos que comprenden 140 actividades que chegarán a un total de 66.000 participantes, alumnos e alumnas de 3 a 18 anos de todos os centros de ensino da cidade, un 6% máis que no curso anterior.

A oferta de actividades está formada polos programas educativos de Animación á lectura, Aula da Natureza, Camiño Escolar, Coñece a túa cidade, Exposicións, Cursos de profesores, Días con Nome Propio, Educación Viaria, prevención e seguridade, Exposicións, Medioambiente, Música na Escola, Obradoiros de Semana Santa, Proxectoterra, Nadal, Saídas Didácticas, Saúde, Teatro, cine e danza na escola e Tertulias literarias. 

O programa incorpora novidades nas súas propostas educativas:

O programa “Animación á Lectura”, terá como eixo central a campaña que leva por título “Saboreando as Letras”, con actividades moi suxerentes como “Cos contos tamén se come” para os máis cativos ata  “Receitas Literarias” para os maiores, pasando por “O Mercado das palabras” ou “Publicitando as legumes”…. 

O programa “Mediambiente”, incluirá novas actividades como: “Pequenos xardineiros”, no que os nenos aprenderán  porqué as plantas aportan oxíxeno e por qué o necesitamos para respirar; “Obradoiro de plantas carnívoras”, “Evolución da natureza fronte á historia da cidade”, no que coñecerán porqué o noso contorno ten unha grande diversidade con plantas e árbores que pertence ao mundo Mediterráneo, ou “Adaptación das plantas  no parques”, no que coñecerán o desenvolvemento do mundo vexetal para asegurar a súa supervivencia. 

“Educación viaria, prevención e seguridade” incluirá charlas para educación infantil e primaria sobre o coidado e respecto do mobiliario urbán. 

“Coñece a túa cidade” incluirá actividades de aqualoxía e roteiros para coidar o teu  barrio, ….

O programa “Saídas Didácticas” ofertará unha visita á cidade da Coruña

 “Música na Escola” incluirá concertos didácticos para toda a primaria “El Baúl Musical” impartidos polo profesorado da Escola Municipal de Música (EMMO)  e, para secundaria, o 9 de novembro no auditorio haberá dous concertos do quinteto de metais “Hércules Brass”. Tamén este ano alumnado e profesorado da Escola de Música fará un concerto de Nadal no Auditorio en horario extraescolar dirixido a toda a comunidade educativa

O programa “Teatro, cine e Danza na Escola” incluirá novos espectáculos: Obra en gfrancés para Secundaria, novos títulos de películas no OUFF Escola, Teatro inglés para toda Primaria, coa obra Robin Hood, e por vez primeira para educación infantil tamén coa obra The Three litlle pigs (Os tres Porquiños). Tamén se desenvolverá a segunda edición do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo.

Tamén participará nesta programación p grupo de teatro Muxicas  dirixido por Tito Asorey que ten como principal particularidade estar composto na súa maioría por actores e actrices cegos ou cunha deficiencia visual grave. Neste caso os alumnas de 4º de Eso, bacharelato e ciclos poderán disfrutar da obra “A Visita da Vella Dama” e facer un posterior coloquio moi enriquecedor entre os actores, actrices e os alumnos e alumnas presentes 

E tamén neste curso, terá lugar a 15ª Edición da MOTECES (Mostra de Teatro Escolar de Secundaria).

9 de setembro de 2015 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.