O Concello de Ourense presenta as 30 medidas novedosas que puxo en marcha nos 100 primeiros días en materia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Espazo Lusquiños, no barrio da Ponte, acolleu esta mañá o balance de actividades postas en marcha polo Concello de Ourense en materia social dende o pasado 13 de xuño.Así, a concelleira de Asuntos Sociais, Sanidade, Igualdade, Xuventude e Voluntariado, Sofía Godoy, recalcou que o goberno municipal “ten un compromiso inequívoco con quen máis precisa da nosa axuda” e recalcou a intensa labor que se está a desenvolver no Concello nestes aspectos, que enumerou en 30 grandes medidas novedosas, e agradeceu expresamente aos funcionarios municipais pola súa adicación e traballo para sacalas adiante.

Sofía Godoy explicou as medidas en áreas:

Xuventude:

1. Desenvólvese por primeira vez o Programa Galeuropa co obxecto de reforzar a empleabilidad e as competencias profesionais dos os/as mozas ourensanos/as.

2. A subvención concedida pola Consellería de Traballo permitiu a creación dun posto de traballo, contratouse a un Técnico de Xestión en Proxectos Europeos, e a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades ou empresas públicas ou privadas  de Reino Unido aos\/as mozas participantes.

3. Participación por primeira vez no Programa Erasmus+ , establecendo como socios entidades sociais e empresas en Polonia e Reino Unido e a Confederación de Empresarios de Ourense. O proxecto no seu globalidad dura 36 meses, para envío e recepción de 18 a 30 anos, con período formativo de ata 2 meses. É un programa de mocidade, educación, formación e deporte e que está centrado na aprendizaxe formal e informal co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas para a empleabilidad de estudantes, profesorado e traballadores e traballadoras.

4. Estase traballando na dotación de servizos e contido do Espazo Lusquiños, cunha programación xa deseñada e que comezará en outubro.

5. Deseñouse para implantar en outubro en institutos e centros de FP as “antenas xuvenís”, para a difusión e participación en actividades xuvenís e de voluntariado.

6. Solicitouse á Xunta de Galicia que a Concellería de Mocidade sexa entidade oficialmente tramitadora do rexistro de Garantía Xuvenil, nun intento de achegar a administración e favorecer a ourensáns e ourensás.

Voluntariado:

7. Estase impulsando este servizo sobre todo no ámbito da colaboración e a coordinación co resto de áreas relacionadas co ámbito social: maiores, infancia, discapacidad, inmigrantes, minorías étnicas, etc. E a Concellería de Medio Ambiente, Educación e Termalismo.

8. Novos servizos de voluntariado :”Todos facemos cidade”

9. Acompañamiento a persoas maiores e diferentes colectivos:

-Nenos e adolescentes: Acompañamiento camiño escolar e implantación rede Antenas xuvenís

-Cívico: voluntariado urbano, destinado á colaboración por barrios en actuacións sostenibles en parques, xardíns, rúas, ríos, etc

-Ambiental: campañas de actuación en cuencas de ríos, conservación da natureza.

-Integración: apoio á acolleita de refuxiados, inmigrantes, fogar do transeunte e colectivos, en xeral, en situación de vulnerabilidade e colaboración no desenvolvemento de actuacións dirixidas á súa integración social.

-Entidades sociais: colaboración directa con entidades sociais, ofrecendo voluntarios/as para os seus proxectos.

10. Solicitude á Xunta de Galicia, de acreditación oficial europea para ser entidade de envío, coordinación e recepción de voluntariado europeo SVE. Con isto, o Concello de Ourense entra  nunha base de datos europea de voluntariado europeo, para poder outros países da unión europeo iniciar proxectos conxuntos e viceversa.

Sanidade:

11. Empezouse a traballar no proxecto de mellora das instalacións da perrera.

12. Aprobouse en Xunta de Goberno o proxecto da Ordenanza municipal de animais potencialmente perigosos, que está pendente de ser trasladada ao Pleno Municipal.

13. Están en marcha xa, cursos de cociña baseados na importancia dunha nutrición saudable para a prevención e control de diversas dolencias e patologías

Maiores:

14. Programáronse 1/3 máis que o ano anterior, de cursos de autonomía persoal e prevención da dependencia. ( Son 52 cursos que chegarán a unhas 760 persoas, aprox.)

15. Por primeira vez, xa están programadas, realizaranse actividades interxeracionais que axuntarán maiores, adolescentes e nenos. A primeira actividade será o día 1 de outubro, día internacional das persoas de idade e o día internacional do neno. Ese día realizarase no Centro Cívico actuacións de maiores e pequenos.

16. Deseñáronse para o último trimestre todos os sábados actividades intergeneracionales, nas que se elaborarán agasallos navideños para o Fogar do transeúnte e a casa de acolleita a modo de agasallos persoais do Concello de Ourense e os seus cidadáns a estes colectivos en situación de vulnerabilidade.

Centros cívicos:

17. Dáse continuidade aos cursos para adultos, pero inclúense novidades como cursos de cociña, jardinería e costura básica.

18. Inícianse actividades familiares, entre mozas e adultos no Centro Cívico A Cuña: yoga e danz

No referente ás axudas municipais:

Dada a complicada situación que están vivindo moitas familias ourensanas, está sendo primordial agilizar a concesión de axudas.

19. Resolvéronse as axudas de material escolar e becas de comedor coincidindo co inicio do curso escolar ( outros anos demorábanse máis no tempo). Foi a 870 nenos e nenas de 714 familias, en total 401.220 euros, un 3,7% máis que o ano anterior, que sumados a 76.258 que xa se programaron para realizar para previr o absentismo escolar e conciliación familiar.

20. E con respecto a entidades sociais, acabouse o trámite do exercicio anterior que aínda estaba sen finalizar e polo tanto pagáronse as axudas correspondentes a 2014. Tamén se resolveron xa as subvencións deste ano. En total, 434.631,53 euros.

Minorías étnicas e inmigrantes:

Conseguiuse unha subvención de 50.000 euros para traballar con minorías étnicas e outros 50000 euros para atención a inmigrantes ( neste caso, 25.000 euros máis que o pasado exercicio).

Igualdade:

22. Resolvéronse xa, as subvencións concedidas a entidades sociais con programas de igualdade, das que se benefician un total de 8 entidades e entre as que se repartiu un total de 5.642 euros.

23. Adquiriuse o mobiliario para a renovación de dormitorios da casa de acollida (subvención obtida de 20.000?)

Fogar do transeúnte:

24. Se ampla o horario de atención ao transeúnte, pasando de 3 horas/día a 8 horas/día. Prográmanse actuacións de mini café-concerto (privadas para eles) en colaboración cos novos artistas de Lusquiños e o servizo de voluntariado, así como a posta en marcha de talleres.

25. Deséñase e programa para o día 17 de outubro día internacional da erradicación da pobreza actividades de visibilización do problema e a colaboración de nenos, novos, adultos, maiores, en diversas actividades.

Dependencia:

26. Prestaranse 5.600 horas máis de servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, co que se elimina o listado de dependentes, especialmente graves, como os de segundo e terceiro grado.

Refuxiados:

27. Ponse en marcha o protocolo de acolleita dos refuxiados sirios, co reconto de recursos propios do Concello, a apertura do servizo de acolleita familiar por parte do área de voluntariado (captación de familias de acolleita), a creación dun programa especial de acolleita e integración sociolaboral por parte dos técnicos do Concello, e a coordinación coas entidades sociais

Dáse continuidade nos contratos ata fin de ano:

28. Ao Programa de Comedor Sobre Rodas, no que, neste momento, estase traballando para mellorar a calidade dos alimentos e incorporar un menú máis completo e saudable

29. Ao servizo de Teleasistencia.

30. Ao Centro de Día de Aixiña, etc.

Por último, no tocante aos novos pliegos, Sofía Godoy sinalou que se teñen realizado os pliegos do contrato de axuda a domicilio para dous anos máis  (1+1)

30 de setembro de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.