O Concello de Ordes lembra que permanece aberto o prazo de inscrición para o Celga 4

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Un total de doce inscritos son a día de hoxe os admitidos para poder asistir ao curso de lingua galega Celga 4 no concello de Ordes. Segundo as bases da convocatoria é preciso como mínimo un total de 15 alumnos e alumnas para poder realizarse o dito curso. A expensas de confirmarse que efectivamente as clases se impartirán no IES nº1 de Ordes dende o 19 de outubro ata o 9 de decembro, o Concello de Ordes lembra que a inscrición permanecerá aberta ata tres días antes do seu inicio.

No caso de precisar calquera aclaración os/as interesados/as poderán realizar as súas consultas na Concellería de Educación, ou ben no Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, situado nos baixos da Alameda. Tamén poden chamar ao teléfono 981 680 002 ou visitar as páxinas web www.ordes.gal ou www.mancomunidadeordes.org/servicios/servizo-de-normalizacion-linguistica-1009.html. 

23 de setembro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.