publicidade hoxe

O Concello de Muxía convoca o IV concurso “Durmo…se me contas un conto”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

Un ano máis, o Concello de Muxía convoca o concurso “Durmo…se me contas un conto”, dentro do Programa de Dinamización Lingüística “Con X de Muxía II”, que subvenciona a Xunta de Galicia. O obxecto do concurso é  estimular ás familias no uso xeneralizado do galego promovéndoo como lingua primeira nos máis pequenos e como lingua de comunicación entre as familias; e promover, ademáis,  o interese pola literatura en galego.

Este ano, o concurso , que acada a súa IV edición, ten como novidade que poden presentarse cos nenos tamén os avós/as ( nas edicións anteriores eran só os pais e nais os que podían concursar xunto cos seus fillos/as) . Outra novidade é que se amplia a idade dos rapaces que poden concursar. Poden participar os alumnos de centros do municipio muxián que cursen educación infantil ou primaria dentro de dúas categorías, a Categoría 1 para nenos e nenas de infantil ata 3º de primaria, e a Categoría 2 para nenos e nenas de 4º a 6º de primaria.

Os premios serán 1 ordenador para cada un dos primeiros premios de ambas categorías.

As bases completas poden consultarse en www.concellomuxia.com

O prazo de presentación dos traballos remata o 7 de outubro.

22 de setembro de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.