O Concello de Lalín reparte 60.000 euros en axudas entre 16 entidades deportivas
O departamento municipal de Deportes, cuxos concelleiros delegados son Nicolás González Casares e Miguel Medela, vén de facer pública a resolución definitiva de concesión de subvencións para a realización de actividades deportivas de cara o ano 2015. En total foron 17 as solicitudes presentadas ao abeiro das bases reguladoras, das que só unha foi denegada por non cumprir os requisitos establecidos nas mesmas. Porén, foron 16 as entidades deportivas que concorreron ao proceso de valoración e entre as que se distribuíron os 60.000 euros asignados polo Concello para este fin.
O obxecto das subvencións é a concesión de axudas económicas a asociacións e clubs deportivos que “faciliten e fomenten a participación cidadá en distintas actividades de carácter deportivo dentro do termo municipal de Lalín”, tal e como explicaron Nicolás González Casares e Miguel Medela. Tamén indicaron que á hora de outorgar estas prestacións, tiveron prioridade aqueles clubs que fomentan e que manteñen unha estrutura de deporte base. Así mesmo, “tiveron un plus aquelas entidades con sección feminina” e as que mostraron un destacado proxecto social e deportivo”, explicaron.
O Goberno municipal é consciente da importancia do deporte como garante de saúde, calidade de vida e desenvolvemento social, así como do ligada que está a actividade deportiva aos clubs do concello. Neste senso, o executivo aposta polo deporte como unha clara prioridade, de xeito que que se levará a cabo unha “xestión integrada e coordinada” entre ambas partes.
Tras seren valoradas as diferentes solicitudes pola comisión avaliadora tendo en conta os criterios establecidos nas bases, formulouse a proposta de concesións que se mostra no seguinte cadro:
|
ENTIDADE / ACTIVIDADE |
IMPORTE |
|
SOCIEDAD DEPORTIVA LALÍN DE BÁDMINTON PADEL/BÁDMINTON |
246,75 € |
|
ESCOLA DE FUTBOL LALIN PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS |
11.139,00 € |
|
CLUB DEPORTIVO LALIN FUTBOL |
11.562,00 € |
|
CLUBE ESCOLA DE ATLETISMO DEZA ATLETISMO |
916,50 € |
|
MÓVETE NA MOTO MOTOCICLISMO |
211,50 € |
|
SOCIEDAD DEPORTIVA DEZA Liga de Fútbol 3ª autonómica |
211,50 € |
|
CLUB BALONMANO LALIN FUNCIONAMENTO DO CLUBE |
20.163,00 € |
|
ESCOLA DE XADREZ LALIN XADREZ |
1.057,50 € |
|
CLUB A PENIZA FUNCIONAMENTO DO CLUBE. LICENZAS FEDERATIVAS |
352,50 € |
|
CLUB DE TENIS DE MESA LALÍN. FUNCIONAMENTO DO CLUBE |
282,00 € |
|
CLUB DE RUGBI LALIN PRACTICA DEPORTIVA DO RUGBY |
7.050,00 € |
|
SOCIEDAD DE CAZA Y PESCA LALÍN. CAZA, PESCA E TIRO DEPORTIVO. |
846,00 € |
|
ESCUDERIA LALIN DEZA CAMPIONATO GALEGO E DE ESPAÑA DE RALLYS |
1.621,50 € |
|
CLUB HÍPICO JUAN OLIVEIRA. EQUITACIÓN. CONCURSO SOCIAL DOMA CLÁSICA. |
423,00 € |
|
CLUB BASKETDEZA. |
3.031,50 € |
|
VILATUXE FUTBOL CLUB. FUNCIONAMENTO DO CLUBE |
564,00 € |
|
TOTAL |
59.678,25 € |











