O Concello de Ferrol derrogará a taxa de saneamento por considerala cobramento indebido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O Concello de Ferrol, que dirixe Jorge Suárez (Ferrol en común), derrogará a taxa de saneamento ao consideralo “un cobramento indebido” os veciños por un “feito impoñible que non se estaba a producir, como era a obriga de tratar as augas residuais da ría”, na estación de cabo Prioriño.

A supresión deste tributo chega despois de que o goberno municipal “destapase a fraude” na EDAR de Cabo Prioriño, en que o socio privado, sinala a Casa do Concello, “tiña a encomenda pública de tratar as augas residuais que incumpriu dende agosto do 2014 nun proceso cheo de irregularidades” que, engade, “o Concello de Ferrol vai poñer en coñecemento da Fiscalía para que depure as responsabilidades que procedan”.

A medida de suspensión e aprobación provisional da derrogación da ordenanza reguladora da taxa foi informada “favorablemente” polos técnicos municipais de Facenda e da Intervención.

Este luns, a actuación foi aprobada na Comisión extraordinaria de Facenda celebrada, onde tivo luz verde cos votos do goberno local (de Ferrol en Común e PSOE), BNG e Ciudadanos. Pola súa banda, o PP votou en contra.

A derrogación deste tributo, explica o Concello nun comunicado, era “un compromiso que manifestara o goberno local e que era de xustiza”, en palabras da concelleira de Economía, Eugenia Freire. Forma parte dun dos puntos da orde do día do pleno extraordinario convocado para o venres 18, ás 10,00 horas.

14 de setembro de 2015 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.