publicidade hoxe

O Concello de Cotobade acomete a reforma da casa veciñal de Cutián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Traballos de reforma

Traballos de reforma

O Concello de Cotobade está levando a cabo a reforma da casa veciñal de Cutián (S. Xurxo de Sacos). Este proxecto que ascende a 53.557’41 € conta coa financiación do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas 2014 da Deputación Provincial de Pontevedra.

As obras que se están levando a cabo consisten na formación de cuberta, carpintería exterior, mellorar a envolvente térmica do edificio, acondicionamento interior, é dicir, as obras orientanse cara a o uso recreativo e sociocultural dos veciños do lugar de Cutián os cales viñan demandando contar cunhas instalacións en boas condicións; continuando así co plan municipal de contar cuns centros de reunión e xuntanza onde os veciños, dos diferentes lugares e parroquias, poidan realizar actividades socioculturais, formativas, lúdicas, etc… 

4 de setembro de 2015 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.