O Concello de Bueu rebaixará o IBI do 0,6% ao 0,45%
O IBI rebaixarase do 0,6% ao 0,45% no 2016, tal e como acordou en 2012 o Concello de Bueu. A medida nace da “decisión e compromiso asumido no seu momento polo goberno local”, segundo apuntou Félix Juncal . Esta rebaixa comezará a ser efectiva unha vez que o Estado confirme a rebaixa do tipo impositivo no 0,45%, xa que desde o 2012 se subiu ao 0,6% sobre o valor catastral de maneira extraordinaria pola adaptación ao Plan de Estabilidade Presupostaria.
Esta medida vai supoñer un aforro do 25% que, como coincidiron o alcalde e o concelleiro de Facenda, suporá que o Concello deixe de percibir 400.000 euros de ingresos. Aínda así, o goberno local salienta o compromiso adoptado no seu momento para levar a cabo esta medida, e farase o necesario porque sexa posible.











