O Concello de Bueu culmina a posta a punto dos colexios do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Na mañá de hoxe, o alcalde visitou o colexio CEIP A Torre de Cela para ver os traballos que se levaron a cabo para a súa posta a punto. Neste colexio hai que salientar as obras de cambio das portas por parte dunha colaboración entre o Concello e a Consellería de Educación. Así, Juncal manifestou a súa satisfacción ao saber que “chegamos in extremis pero chegamos” referíndose á chegada do curso escolar. Así mañá os alumnos e alumnas poderán incorporarse con todo o centro limpo. O alcalde tamén aproveita para pedir desculpas aos profesores e profesoras polo retraso nas obras e na limpeza. Agora quedarán traballos puntuais, pero o groso está feito e os colexios da vila poderán incorporarse á rutina escolar con normalidade.

9 de setembro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.