O Concello de Bueu coloca unha placa da rúa Staffan Mörling
Con motivo da presentación do libro de Staffan Mörling mañá no Museo Massó, O Concello de Bueu aproveita a ocasión para proceder á colocación da placa na rúa que leva o nome do escritor e que tan apegado está á nosa vila. Tanto Félix Juncal como Martín Villanueva descúlpanse pola demora na colocación da placa tras tres anos e celebran mañá este acto, no que estará Mörling para destapar a placa na rúa que vai desde Ramón Bares á rúa de A Pedra, por onde transcorren os institutos.
Esta é unha das rúas ás que o Concello decidiu darlle o nome de personaxes ilustres de Bueu ás rúas da vila para así ter sempre presente o que fixeron a favor da nosa cultura e avance. Esta proposta foi aprobada na sesión plenaria de marco do 2012 e nela constan tamén que na urbanización de Massó se engadirían as marcas de conservas de Massó, como Kayrel, Fígrao, Cormorán ou Ibis. Os seguintes personaxes ilustres dos que se colocarán a placa son José María Estévez e José López Cortizo
Nese sentido, infórmase de que nos vindeiros meses se irá procedendo á colocación das demais placas de personaxes ilustres, segundo informou o concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva.











