O Concello de Bueu aproba as tarifas definitivas para o servizo de taxi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A tarifa diúrna do servizo de taxi é aplicable en días laborables de 6 a 22 horas, e a nocturna/festiva en días laborables de 22 a 6 horas, os sábados a partir das 15 e os domingos, e festivos locais e autonómicos. Así o establece a resolución da alcaldía con data do 28 de setembro que establece as tarifas definitivas para o servizo de taxi en Bueu. Así, a percepción mínima será  de 3,75 euros, mentres que o custe por quilómetro percorrido de 1,05 euros, e a hora de espera en 16,20. A tarifa nocturna consta dunha percepción mínima de 4,50 euros, de 1,26 por quilómetro percorrido e de 19,44 euros por hora de espera.

Ademais, na resolución tamén se especifica un custe de 0,60 euros para bultos ou maletas (excepto cadeiras de discapacitados ou de bebés) e de un euro para os cans, menos os cans guía.

Estes prezos comezarán a ser aplicables unha vez que se publique o anuncio no Boletín Oficial da Provincia. 

29 de setembro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.