O Concello de Bueu abre o prazo para a contratación dos servizos da cafetería do centro social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello acaba de publicar as bases para a contratación dos servizos de bar-cafetería no edificio do Centro Social do Mar. O prazo de presentación de documentación é de 15 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín da Provincia. O único criterio a considerar será o maior canon ofertado, polo que se adxudicará o contrato a aquela empresa que oferte un presuposto de como mínimo 4200 euros anuais. A adxudicación farase a quen oferte máis a partir do prezo mínimo.

O contrato poderá ter unha duración máxima de catro anos, con prórrogas incluídas, e a explotación do servizo está vinculada á concesión administrativa de Portos de Galicia a favor do Concello de Bueu.

Os interesados poderán ver as características técnicas do proxecto na sección do Perfil do contratante da páxina web do Concello.

Obras de reparación do Pavillón Municipal Pablo Herbello

Por outra banda, xa se poden presentar as ofertas para as obras de reparación do Pavillón Pablo Herbello, cun orzamento estimado de 61.000 euros e financiadas pola Deputación de Pontevedra no marco do PPOS 2015. As melloras a realizar no pavillón son : eliminación de pluviais ao interior do pavillón, modificación da saída de emerxencias da á sueste da planta baixa  e construción dun almacén que albergará a futura sala de caldeiras, e substitución das canalizacións de auga fría e quente dos vestiarios. 

2 de setembro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.