publicidade hoxe

O Concello de Arzúa presenta unha variada oferta de actividades para o novo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Concello de Arzúa presenta o programa de actividades municipais para o curso 2015-2016 cunha ampla oferta de actividades deportivas, culturais e educativas dirixidas a todos os públicos.

Por unha banda, e por segundo curso consecutivo, o Departamento de Cultura continúa co Obradoiro Municipal de Danza que impartirá nas tardes dos xoves as modalidades de Ballet Clásico e Danza Moderna e Hip Hop dende os 5 anos e Bailes de Salón para persoas de 18 anos en diante. As sesións comezarán no mes de outubro e o prazo de inscrición abrirase do 15 ao 30 de setembro no Departamento de Cultura. Poden solicitar máis información no teléfono 981 500 222 ou no correo electrónico cultura@concellodearzua.com.

Por outra banda, dende a Concellaría de Deportes cotinúan apostando polas diferentes modalidades deportivas que veñen alcanzando un alto éxito de participación e satisfacción nos últimos anos. Así, este departamento municipal ofertará de novo Ximnasia para a terceira idade a partir dos 60 anos, Ioga para maiores de idade, e Tenis e Patinaxe para os nados e nadas ata o ano 2010. O prazo de inscrición tamén estará aberto do 15 ao 30 de setembro na oficina de Deportes, na Casa do Concello, onde tamén poñen a disposición dos interesados e interesadas para informarse o teléfono 981 500 000 extensión 114 e o correo electrónico luis.otero@arzua.dicoruna.es.

E, por último, a oferta de actividades complétase coas distintas modalidades educativas que se imparten dende a Aula de Educación de Adultos do Concello. As propostas formativas son Alfabetización, Graduado en E.S.O., Preparación das probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior de F.P., Preparación das competencias clave e Bacharelato a distancia. Poden achegarse a Aula de Educación de Adultos situada no primeiro andar do Recinto Feiral Terra do Queixo en horario de tarde ou chamar ao 981 500 222. Para estas ensinanzas a matrícula está aberta todo o ano dende o 1 de setembro.

Poden conseguir máis información a cerca de horarios, prezos, calendario, etc. na web municipal www.concellodearzua.com.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, convida a todos os veciños e veciñas de Arzúa a participar desta gran variedade de propostas que “dende os diferentes departamentos municipais ofertamos coa finalidade de que sexan do interese e agrado de todos”.

2 de setembro de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.