publicidade hoxe

O Concello de Ares abre o prazo de inscripción nas actividades deportivas e culturais deste curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares, a través do seu edil de Cultura e Deportes, Eugenio Fernández, informa de que comeza o prazo para inscribirse nas diferentes escolas municipais. Precisamente, na correspondente comisión informativa celebrada esta semana, o responsable político deu conta das actividades que se desenvolverán durante o curso, que comprende entre os meses de outubro a maio. No caso das deportivas son: Ximnasia, Fitness, Spinning, Baloncesto, Tenis, Baile moderno infantil e xuvenil, Capoeira, Vela, Fútbol, Rítmica, Tiro con arco, Pilates, Ioga e Zumba.

En canto ás Escolas Culturais, a oferta é de iniciación musical, teatro, debuxo e pintura, inglés (perfeccionamento ou avanzado), encuadernación, gaita e percusión, informática e divertixogos.

Aa persoas que desexen obter máis información en canto a prezos, horarios e normativa de cada unha delas, deberán pasar polo pavillón deportivo municipal, dependencia na que se tramitarán as solicitudes, de luns a venres en horario de 9.30 a 12.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. O prazo rematará conforme vaian pechándose os grupos. No que se refire ao pago da matrícula, que é de 9,20 euros no caso de empadronados en Ares- ou en Mugardos no caso das escolas intermunicipais- e de 17,23 euros no resto dos casos, poderá aboarse do 1 ao 15 de outubro.

Como é habitual, haberá descontos como o de familia numerosa ou incluso exencións de cotas nalgúns casos como persoas carentes de recursos económicos.

As persoas que se incriban ás escolas municipais por primeira vez deberán achegar unha fotocopia do DNI ou da páxina do libro de familia e cubrir un formulario no caso de que opten por domiciliar o pago das actividades.

18 de setembro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.