O Concello de Ames convoca axudas a familias numerosas por valor de 120.000 euros
O Executivo amiense, reunido en Xuntata de Goberno Local, aprobou as bases reguladoras da convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico ás familias numerosas do municipio. A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros e a axuda consistirá no pagamento de 1.200 euros por unidade de convivencia. Con este tipo de iniciativas, o Concello de Ames pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades teñen para a crianza dos fillos.
Poderán optar a estas subvencións as unidades de convivencia que teñan fixada a súa residencia habitual no Concello de Ames, cun mínimo dun ano de antigüidade ininterrompido á data de formulación da solicitude, entendendo como unidade de convivencia o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas co solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por nacemento adopción ou acollemento.
Requisitos
As familias que opten a estas axudas deberán estar en posesión do título de familia numerosa en vigor no momento da solicitude. Os fillos/as que dean lugar a expedición do titulo de familia numerosa deberan ter nacido con anterioridade ou dentro do ano natural ó que se refire a convocatoria (2014). Todos os fillos/fillas incluídos no título de familia numerosa deberán formar parte da unidade de convivencia salvo que por razóns de estudio deban residir noutro domicilio. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillas, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentencia de separación, divorcio ou modificación de medidas. Os fillas/as deben formar parte da mesma unidade de convivencia que o proxenitor que teña a custodia, xustificándoo mediante o certificado de convivencia. No caso de que un dos pais se atope traballando fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e non figure empadroado neste municipio, deberá acreditalo con copia do correspondente contrato de traballo e certificado de empadroamento do lugar de residencia. Estar en posesión do título de familia numerosa en vigor no momento da solicitude. Os fillos/as que dean lugar a expedición do titulo de familia numerosa deberan ter nacido con anterioridade ou dentro do ano natural ó que se refire a convocatoria (2014).
Todos os fillos/fillas incluídos no título de familia numerosa deberán formar parte da unidade de convivencia salvo que por razóns de estudio deban residir noutro domicilio. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillas, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentencia de separación, divorcio ou modificación de medidas. Os fillas/as deben formar parte da mesma unidade de convivencia que o proxenitor que teña a custodia, xustificándoo mediante o certificado de convivencia. No caso de que un dos pais se atope traballando fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e non figure empadroado neste municipio, deberá acreditalo con copia do correspondente contrato de traballo e certificado de empadroamento do lugar de residencia. No caso de que un mesmo menor dea lugar á expedición de dous títulos de familia numerosa, só se concederá esta axuda ao proxenitor que ostente a custodia deste menor ou menores.
Familias monoparentais e menores con titor/a
Ás familias monoparentais só se lles requirirá que figure empadroado cun ano de antigüidade o pai ou a nai que teña a custodia dos fillas. Entenderase a estes efectos por familia monoparental aquela na que un dos proxenitores convive cos seus fillas/as menores ou dependentes sendo ademais é responsable único dos mesmos. No caso dos menores que teñan titor, requirirase que figure empadroado no padrón municipal o titor/-es do menor. En ningún caso poderán ser beneficiarios/as os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillas, ou se a tutela fora asumida por unha institución pública. No caso de que un mesmo menor dea lugar á expedición de dous títulos de familia numerosa, só se concederá esta axuda ao proxenitor que ostente a custodia deste menor ou menores. No caso dos menores que teñan titor, requirirase que figure empadroado no padrón municipal o titor/-es do menor. ningún caso poderán ser beneficiarios/as os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillas, ou se a tutela fora asumida por unha institución pública.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
Os interesados e interesadas en acceder a estas axudas poderán presentar as solicitudes e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello, ou ben no rexistro existente na oficina municipal do Milladoiro. O prazo para presentar as solicitudes é de un mes, contado dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Para a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luisa Feijoó Montero, “estas axudas son de vital importancia para moitas familias do nodo concello e supoñen un apoio fundamental para as súas dinámicas económicas. Non podemos esquecer que nun concello como o noso que ten uns segmentos de poboación tan variados, hai un número importante de familias para as que estas axudas son imprescindibles á hora de abordar os seus gastos correntes”.
Cómpre salientar que as achegas concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con outras que puideran obter os beneficiarios/as doutras administracións públicas polo mesmo motivo. A solicitude ou percepción dunha achega ao abeiro desta convocatoria deberá ser comunicada polo beneficiario á administración que convoque a achega concorrente.











