O Concello da Guarda informa das condicións das actividades a realizar na Casa dos Alonsos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Ante a avalancha de peticións para a utilización da Casa dos Alonsos por parte de terceiros,haberá que ter en consideración as seguintes circunstancias:

-O Concello dispón  dunha sala de Exposicións habilitada para estas actividades no Centro Cultural. 

-As actividades que aquí se realicen serán organizadas pola Concellaría de Cultura ou as que sexan valoradas positivamente, despois dunha análise da obra ou temática, por parte dun gabinete de expertos e da propia Concellaría de Cultura. 

-A obra ou temática ten que ser suficientemente extensa para poder ocupar toda a sala de exposicións. 

-O edificio non conta con persoal. Serán os propios expositores os quen se fagan cargo da atención e vixilancia do edificio e da exposición. 

-A actividade a realizar nunca será con ánimo de lucro. 

-Só para artistas locais.

-Terá que presentarse un proxecto da obra ou temática previo para o seu estudo e valoración.

8 de setembro de 2015 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.