O Concello da Coruña aumenta o número de bolsas de comedor escolar para o curso 2015-2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellería de Xustiza Social e Coidados vén de publicar a lista definitiva de beneficiarias e beneficiarios do programa das bolsas comedor para o curso 20152016. A concelleira Silvia Cameán afirmou que desde a súa área amplíase o número de bolsas “para que máis nenas e nenos poidan recibir estas axudas”. En total, serán 1532 menores da Coruña de familias en situación de emerxencia social quenes reciban as bolsas destinadas á súa alimentación durante a tempada escolar, o que supón un incremento respecto ao curso pasado, no que 1447 nenas e nenos recibiron a axuda.

A mellora deste programa é unha das prioridades da área de Xustiza Social e Coidados. A responsable municipal sinalou que “o Goberno ten unha preocupación especial porque as nenas e nenos da Coruña teñan acceso a unha alimentación digna”.“No verán puxemos en marcha o vale de comidas”, lembrou a concelleira, “e agora continuaremos co incremento desta partida” para esta medida de emerxencia social. Das 953 axudas concedidas para as familias desde o presente mes de setembro até xuño, 822 serán de até 75 euros e 131 de até 98 euros mensuais.

A lista definitiva de beneficiarias e beneficiarios do programa de bolsas comedor pode consultarse na web municipal www.coruna.es . As familias terán até o día 18 de setembro para formalizar o trámite de alta no programa.

9 de setembro de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.