O comité de Ence poderá intervir no pleno da Deputación a proposta do goberno provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Europa Press

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofrecerá ao comité de empresa de Ence -que solicitara autorización para asistir este venres ao pleno da corporación provincial- a posibilidade de intervir para expor “libremente” os seus motivos a favor da permanencia da fábrica pasteira en Lourizán.

“Respecto profundamente a todos os traballadores e as súas posicións”, explicou Carmela Silva. “Sexan as que sexan, coincidan coa deste goberno, ou non”, engadiu a titular do organismo provincial, que tamén defendeu o “dereito” do persoal de Ence “a reivindicar o que consideren oportuno”.

Por iso, garantiu que “teñen esta Deputación aberta” para expor os seus argumentos. Silva sinalou que os políticos teñen “a obrigación de escoitar” e mostrouse receptiva a “escoitar aos traballadores de Ence”, aos que garantiu “luz e taquígrafos” para expresarse no pleno.

“O que pido é que sexamos racionais”, matizou en alusión á postura do Goberno provincial contraria á consolidación do complexo Ence-Elnosa na ría de Pontevedra.

“Igual que eu respecto a súa posición, tamén pido respecto a posicións políticas”, engadiu a presidenta do organismo provincial, que apelou ao comité de empresa da factoría pasteira a “dialogar desde posicións que non son concordantes”.

3 de setembro de 2015 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.