O comercio de Bueu xoga cos seus clientes a adiviñar películas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Un dos escaparates participantes

Un dos escaparates participantes

Onte venres 4 de setembro deu comezo a campaña “Bueu ten un Comercio de película” coincidindo coa celebración do FIC Bueu 2015, un evento cinematográfico de referencia na localidade. Fecimo, entidade organizadora da campaña, pretende facer visible ao comercio de Bueu, amosando as súas mellores galas e sendo visitados por multitude de persoas nestas datas.

Un total de 26 comercios contan con decoración conxunta e forman un xogo con premios en cheques-compra.

Os 26 comercios participantes xa están decorados co lema da campaña, un atracivo vinilo con cinta de película e claquetas. Ademáis, cada escaparate conta cun fotograma dunha famosa película e algúns elementos que dan pistas sobre o seu título.

Os comerciantes volcáronse con esta decoración, aportando obxectos propios para a montaxe do escaparate, aínda que sen dúbida o máis chamativo é o Groucho Marx en tamaño real nun dos escaparates de Pazos Fontenla.

A mecánica do xogo

Os clientes recollerán nestas tendas os folletos de participación. Deberán descubrir tres películas e escribilas no boleto xunto cos seus datos de contacto. Despois, depositalas na furna habilitada na sala Amalia Domínguez (Turismo)

O sábado día 12 de setembro recollerase esta furna para levala na gala de entrega de premios do FIC Bueu 2015. No transcurso da gala será realizado o sorteo pero non é preciso estar presente, dado que os gañadores serán contactados por teléfono.

4 de setembro de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.