O comercio de Bueu entrega os premios da campaña de película

Foto de grupo dos gañadores
O pasado sábado día 12 de setembro celebrouse en Bueu o sorteo da campaña “Bueu ten un comercio de película” celebrada paralelamente ao FIC Bueu. Foi durante a gala de clausura do festival de curtametraxes cando unha man inocente do público subiu ao escenario a sacar as papeletas gañadoras da furna. Unha vez comprobado que os datos estaban correctos, o presentador procedeu a anunciar os seus nomes:
– Premio 50€: Margarita Álvarez Álvarez
– Premio 50€: Pedro Docampo Pousada
– Premio 50€: Verónica López Villar
– Premio 50€: Fátima Diéguez Pais
– Premio de 100€ para Juan José Estévez Pasten.
Esta mesma mañá fíxose a entrega de premios na Sala Amalia Domínguez Búa. Todos eles son veciños de Bueu e amosáronse moi contentos co premio.
Para acadar o premio tiveron do 4 ao 12 de setembro para percorrer os escaparates da vila e acertar que películas se representaban neles. Unha vez recoñecidas, debían anotalas nun boleto de participación e depositalo na furna habilitada para o sorteo. Algúns deles confesaban ter pasado unha tarde divertida acompañados polos seus fillos xogando ás películas.
Os premios que recibiron foron en cheques- compra para canxear en calquera empresa de Bueu asociada a FECIMO.
FECIMO agradece a participación do público nesta campaña e sobre todo o traballo dos comercios á hora de colaborar coas pistas dos filmes nos seus escaparates.











