O Clube Deportivo Seixalbo homenaxea a ex directivos e adestradores
O Clube Deportivo Seixalbo remata de voltar a competición logo de 29 anos de ausencia cando militaban na primeira categoría autonómica provincial. Fai agora 45 anos que este clube iniciou o seu camiño federativo. Agora volta a competición ca vista posta no futuro pero co sentimento de non esquecer o pasado. Na actualidade o C.D. Seixalbo achégase ao medio millar de socios/as e atesoura unha afluenza que supera os 200 espectadores/as por partido.
Homenaxe
O vindeiro domingo ás 18:00h rende Homenaxe a ex Directivos e Adestradores que entre os anos 1969 e 1987 formaron parte do equipo. Persoas que desinteresadamente traballaron arreo durante moitos anos e que contribuíron a forxar a nosa historia.
Un pobo con memoria non esquece a quenes traballaron tanto a cambio de tan pouco. No campo de fútbol do Carqueixal están convidados Álvaro Senén “Vispo”, Luis Gómez Pavón “Barril”, Manuel “Fontaíña”, Emilio Otero “Milo”, “Feijoó”, Andrés Fabello, “Félix” Cid, Manuel Benavides “Lolo”, José Gómez González, José Manuel Rodríguez López, Benigno Romero Noguerol, Julio López e Manuel Pérez “Manolo”. Tamén os que noutrora foron adestradores: Jesús Rey Amorín, Eladio Fidalgo “Lalo”, José Ojea Carballo “Parrala”, Eladio Varela e Antonio Dorribo Cid.
Milleiros de futbolistas ourensáns pasaron polo clube nas súas categorías de infantil, xuvenil e modesto acadando altas metas deportivas: o Campionato xuvenil provincial, xogando a fase de ascenso a liga nacional xuvenil, o sub campionato da segunda división rexional na temporada 71/72, campións da terceira división rexional na temporada 78/79 e ata finalistas da Copa Ourense nas temporadas 71/72 e 73/74. Pero os mellores logros acadados foron en forma de experiencias humanas cotiás enriquecedoras que deixaron unha pegada profunda.
Por todo isto e moito máis hoxe, no campo de Fútbol do Carqueixal, @s siareir@s, os xogadores, soci@s e directiv@s, coa colaboración dalgunhas autoridades, dámosvos as grazas e rendémosvos un breve e humilde homenaxe a istes gladiadores do fútbol provincial da década dos anos setenta e oitenta.











