O Club Piragüismo Copacabana gaña o Campionato Galego de Kaiak Polo
O pasado domingo disputábase nas piscinas da Malata en Ferrol o Campionato Galego de Kaiak Polo pertencente á liga Galega, ao termo da fase de grupos catro equipos disputarían as semifinais. O Club Piragüismo Xuvenil quedou eliminado nesta fase. Na final o Club Piragüismo Copacabana alzábase coa vitoria despois de vencer ao club Náutico Rodeira por 3-2 cun gol de ouro na 1º parte da prórroga de Adrián Hermida,terceiro sería o Club Náutico Umia que vencío ao Club Piragüismo Combarro.
Con este segundo posto o Club Náutico Rodeira faise coa vitoria da liga Galega de Kaiak Polo ao sumar 117 puntos, o Copacabana termina segundo con 101 puntos, terceiro é o Umia con 86 puntos, cuarto o Kaiak Polo Combarro con 85 puntos e Arcos con 44. Na categoría Sub 21 o Piragüismo Copacabana fíxose co título ao vencer ao Kaiak Polo Cambarro por 4-3. Na categoría Sub 16 o Copacabana impúxose na final ao Combarro.











