O Club de Mar Ría de Aldán logra a vitoria no Trofeo Rías Baixas

Club de Mar Ría de Aldán
O Club de Mar Ría de Aldán logra o triunfo na 1º edición do Trofeo Rías Baixas, en segunda posición conseguiuna o Club Kaiak Tudense e a terceira praza do podio conseguiríaa o Club Piragüismo Vilaboa. A embarcación do Club Kaiak Tudense composta por Diego Piña, Roi Rodríguez, Gabriel Campo e Rubén Millán impúxose na modalidade de K4 por diante do Club Piragüismo Vilaboa e o Club Naval de Pontevedra.
Na modalidade de home C4 a vitoria sería para unha embarcación mixta composta por Tono Campos, Cristian Ribadomar, Miguel Castro todos eles do Breogán do Grove e Jose Manuel Sánchez do Club Náutico Betanzos, o segundo caixón do podio foi para o Club As Torres e o terceiro para o Club Kaiak Tudense.
O Club de Mar Ría de Aldán levaría a vitoria nas mulleres K4, Araceli Menduiña, Carmela Menduiña, Jesica Moledo e Noelia Moledo impuxéronse ao ClubKayak Tudense que foi segundo, terceira sería a outra embarcación do Club de Mar Ría de Aldán.
A entrega de premios realizouse diante do edificio de deportes náuticos do Grove á que asistiron a deputada provincial de deportes xunto cos concelleiros de deportes dos concellos de Cambados e O Grove, todos eles acompañados polo presidente da Federación Galega.