publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O CIM do Carballiño informa dos novos obradoiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Centro de Información ás Mulleres do Concello do Carballiño organiza coa colaboración da ASOCIACIÓN POLA IGUALDADE E A COEDUCACIÓN O PROGRAMA EU, NÓS E O EMPREGO composto por tres obradoiros:  

1. Búsqueda activa de emprego

2. Preparación do curriculum  vitae.

3. Técnicas asertivas

Os obradoiros teñen unha duración de 8 horas cada un

A concelleira Marina Ortega sinala que o programa está orientado a promover cambios nos paradigmas laborais e profesionais. Segundo  a mesma, “partimos da persoa e as súas potencialidades e aproveitamos a forza do grupo para optimizar a procura de emprego”.

As participantes traballarán en descubrir o seu potencial e o seu talento, en mellorar as súas habilidades e en ser máis proactivas e eficientes para mellorar a súa empregabilidade.

Por último a concelleira anima a tódalas mulleres interesadas a que se inscriban canto antes, xa que o número de prazas é limitado.

DIRIXIDOS: a mulleres e gratuitos para as participantes

DATAS: O 1º obradoiro comeza o 23 de outubro en horario de 16:00 horas ata 20:00 horas. E  o 3 de novembro de 10:00 ata 14:00. horas

2º obradoiro: 10, 24 de novembro de 10:00 ata 14:00.horas                             

3º obradoiro: 1, 15 de decembro de 10: 00 ata 14:00. horas

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Aula de informática do concello.

INSCRIPCIÓN: Centro de Información ás  Mulleres. R/ Faustino Santalices, nº 10, baixo

 

29 de setembro de 2015 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.