O Centro Galego de Arte Contemporáneo inaugura unha exposición dedicada ao fotógrafo catalán Arissa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Inauguración da mostra

Inauguración da mostra

O Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) inaugura este venres ás 20,00 horas unha exposición que recupera o traballo do fotógrafo catalán Antoni Arissa e que supón a primeira mostra baixo a coordinación do novo director do museo, Santiago Olmo.

O proxecto, que se situará na capital galega ata o 1 de novembro, foi presentado este venres polos seus comisarios, Valentín Vallhonrat e Rafael Levenfeld, o director do CGAC e o secretario de Cultura, Anxo Lorenzo. Xunto con eles, a responsable de coleccións e exposicións da Fundación Telefónica, Laura Fernández, e o director de grandes empresas do grupo Norte Telefónica, Miguel Ángel Alonso, entidade colaboradora.

En relación a ‘Arissa. A sombra e o fotógrafo’, Olmo explicou que se trata dunha “recuperación do arquivo” da figura do catalán como fotógrafo durante a España dos anos trinta. O director sinalou que, así, se abre un ciclo de proxectos no museo que abordarán a “memoria como ferramenta de investigación e creación”.

Concretamente, esta exposición céntrase en Arissa como exemplo “moi claro” dunha traxectoria de autores de vangarda en España durante a década dos trinta, indicou Levenfeld, para matizar que despois da guerra o catalán rematou con esta etapa da súa vida, “deixou a arte” para volver o seu oficio como impresor.

Así, o comisario defendeu a importancia do fotógrafo dentro do mundo do pictorialismo fotográfico español, que se afastaba da “realidade do momento de cambios ideolóxicos e urbanísticos” para presentar imaxes “bucólicas” mediante o uso da luz.

TRABALLO DE MÁIS DUN LUSTRO

Pola súa banda, Vallhonrat comentou que o proxecto xurdiu cando ambos os dous comisarios coñeceron fai “cinco ou seis anos” a existencia duns negativos de Arissa que saíran a poxa sen que “ninguén” puxase por eles, despois de que “hai unha década só se coñecesen “un par” de fotografías súas.

A raíz daquilo, comezaron o traballo de recuperación da obra do fotógrafo e, segundo explicou o comisario, non atoparon orixinais, senón negativos que lles permitiron traballar sobre a obra de xeito dixital.

Finalmente, Lorenzo recoñeceu que, dende que é responsable de Cultura na Xunta, é a “primeira vez” que asiches a unha exposición no CGAC onde a fotografía é “realmente soporte” dunha “dimensión histórica e de patrimonio”.

18 de setembro de 2015 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.