O Centro de Saúde da Parda celebrará en outubro dous obradoiros grupais sobre a menopausa e o tabaquismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O centro de saúde de A Parda en Pontevedra planificou a celebración durante o vindeiro mes de outubro de dous obradoiros para tratar cos pacientes procesos coma a menopausa e o tabaquismo.  Este programa formativo e asistencial da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés ofértase a pacientes de toda a comarca, aínda que non teñan asignado o seu facultativo no centro de saúde de A Parda. Poden pedir información contactando no teléfono 986-86.88.24. 

O primeiro dos obradoiros no centro de saúde de A Parda profundizará no tratamento e adaptación á menopausa os vindeiros xoves 1 e venres 2 de outubro en horario de 10:30 a 11:30 horas e estará coordinado e organizado pola enfermeira Carmen Abeledo Márquez. 

Así mesmo, neste obradoiro sobre a menopausa analizaránse as súas etapas e síntomas, aportando consellos para manterse saudable tras este proceso vital femenino e facendo un estudo dos seus factores de risco. 

Obradoiro sobre o tabaco

Outro obradoiro que se celebrará os vindeiros xoves 15 e venres 16 de outubro en horario de 10:30 a 11:30 horas analizará desde diversas perspectivas o tabaco, explicando os múltiples beneficios de saúde que xenera o abandono deste hábito perxudicial nos pacientes e expoñendo diversas técnicas e estratexias neste eido. 

Así mesmo, esta actividade formativa no centro de saúde de A Parda plantexará aos asistentes iniciativas de actividade física, expoñendo tamén beneficios e estilos de vida saudable. 

Neste sentido, cómpre lembrar que este centro de saúde da EOXI de Pontevedra e O Salnés celebra un obradoiro de actividade física todos os mércores de 10 a 11 horas, no que é necesario dispoñer de cita previa, do mesmo xeito que un obradoiro de actividades físicas para mellorar a espalda, para pacientes de Fisioterapia derivados polo médico.

28 de setembro de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.