O Centro Comercial Arousa inaugura o mes de setembro con novas actividades infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Centro Comercial Arousa celebra a volta ao cole coa organización de novos talleres infantís, todos os sábados deste mes, de 16:00 h. a 20:00 h., na Sala de Xogos da segunda planta. As actividades, de carácter gratuíto e dirixidas a nenos de entre 4 e 12 anos, comezarán o vindeiro sábado día 5 cun taller dedicado ás manualidades. Os máis pequenos aprenderán a decorar con divertidas e orixinais formas lapis e bolígrafos con goma eva. Tamén crearán os seus propios lapiceros con la e diferentes materiais reciclados, e prácticos moedeiros con papel de cómic.

O sábado 12 será a quenda dos xogos. Os nenos pasarano en grande participando nunha xincana na que gozarán de probas de enxeño e de xogos musicais e de competición.

O sábado 19 estará dedicado á maquillaxe e á arte da globoflexia. Os asistentes divertiranse elaborando asombrosas figuras con globos e caracterizaranse dos seus personaxes favoritos con maquillaxe de fantasía. Ademais, poderán tamén customizar as súas uñas coas manicuras máis atrevidas e coloridas.

O máxico mundo do teatro e dos contos protagonizará os talleres do sábado 26. Os nenos desenvolverán a súa imaxinación e a súa capacidade de expresión aprendendo a dar vida ás súas propias historias. Elaborarán relatos e practicarán técnicas de teatro mediante xogos de mimo e caracterización.

3 de setembro de 2015 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.